Se xa organizamos a estrutura da nosa web con <header> ou <main>, o seguinte paso é interactuar con ela. Aquí é onde moitos desenvolvedores caen nun erro común: facer que todo pareza o que non é.
1. Botóns vs. Ligazóns
A regra de ouro é sinxela:
<a>(Ligazón): úsase para navegar. Se ao facer clic levas ao usuario a outra páxina ou a outra parte da mesma web, usa un<a>.<button>(Botón): úsase para accións. Enviar un formulario, abrir un menú despregable, reproducir un vídeo ou borrar un elemento.
2. O perigo de facer “botóns” con <div>
É moi tentador coller un <div>, poñerlle un fondo bonito con CSS e dicir: onclick="facerAlgo()". Pero para unha persoa que usa un lector de pantalla ou só o teclado:
- O teclado non o ve: Un
<div>non recibe o foco coa tecla Tab. O usuario nunca chegará a el. - O lector non sabe que é: O dispositivo non lle dirá ao usuario “isto é un botón”, polo que non saberá que pode interactuar con el.
Se podes usar un elemento nativo (<button>), úsao. Xa vén con toda a accesibilidade “de serie”.

Deixa unha resposta