Son Mónica, estudei enxeñeira informática e son profesora de Formación Profesional na área de informática. Levo máis de nove anos dando clase de FP, aínda que a miña experiencia na ensinanza vén de antes, acompañando alumnado en distintas etapas educativas.
No meu día a día traballo con redes, linguaxes de marcas, seguridade e deseño web, con especial interese pola UX/UI e a accesibilidade. Gústame entender como usan as persoas a tecnoloxía e trasladar esa forma de pensar á aula, sempre cun enfoque práctico e de aprender facendo.
Ademais, son socia de GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), onde levo anos vinculada ao mundo do software libre e a colaboración. Actualmente tamén son presidenta do Colectivo das Pedras Galladas, desde onde impulsamos iniciativas culturais e comunitarias en Culleredo.
Error 404: Mujeres en tech – Fallo do sistema – WordPress Coruña – Mesa redonda
A realidade é esa, que temos que seguir rompendo barreiras, as veces, impostas por nós mesmas, pero que, dende logo, non parten de nós, o contexto social e o bombardeo constante do que se espera que sexamos e fagamos, inflúen na nosa autoesixencia dende moi pequerrechas e fai falla análise e ser consciente do que nos pasa para dar un paso adiante, atreverse a soltar lastre e valorar todo o que aportamos e podemos seguir aportanto, por eso o movemento feminista é vital! Grazas as catro compañeiras coas que compartín mesa, con vós sentime libre ao experesar as miñas ideas e sentimentos, grazas a WordPress Coruña e GPUL, non só por esta oportunidade, se non porque o interese e esforzo en crear espazos inclusivos de verdade é real, non soamente palabras, así crecen unhas comunidades marabillosas como a que se xuntou ese día na Normal!
Queda moito que facer, falar e moitas barreiras que romper, así que seguimos adiante!

AgileDT e o profesorado
Comezamos no proxecto AgileDT no 2023, e desde entón traballei nel con moita ilusión e moito esforzo. Cada vez estou máis convencida do seu valor para transformar a educación, por iso, xunto con Brais Arias Rio propuxemos a comezo de curso un obradoiro dirixido ao profesorado de FP no Liceo La Paz. E saímos no periódico!
A nosa idea foi crear un espazo para descubrir e poñer en práctica metodoloxías áxiles, en concreto, o proceso de Design Thinking, que permite conectar mellor a aula co mundo laboral e fomentar dinámicas máis creativas e participativas. Queremos que o proxecto AgileDT sexa unha realidade e teña continuidade, porque nos parece que é realmente útil, especialmente na Formación Profesional!
Foi unha experiencia estupenda: compartimos ideas, aprendemos xuntos e, sobre todo, quedou patente que innovar en educación é un camiño en equipo que paga a pena percorrer!

